Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.524

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de maio de 2001 pola que se anuncia a adxudicación de doce bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocadas por Orde do 8 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 27 de marzo).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión que tivo lugar o 21 de maio de 2001 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 61, do 27 de marzo de 2001, e de conformidade co establecido na base terceira da referida orde de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder doce bolsas de estadías de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo a esta resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será a recollida no anexo que se xunta, coa retención fiscal que corresponda.

Terceira.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Política Lingüística

ANEXO

Nome e apelidosProcedenciaEstadíaImporte/mes

Pontes, Antonio LucianoBrasil12-7 a 31-12120.000
Abreu, Luzia MªBrasil1-6 a 31-12120.000
De Souza Torres, CristianoBrasil1-6 a 30-11120.000
Tarela González, SofíaBarcelona4-6 a 4-1285.000
Brito de Freitas, ConsueloMadrid1-6 a 31-1285.000
Moris Campos, JudithCuba1-7 a 31-12120.000
Ewen, MichaelaTrier1-9 a 31-12100.000
Bánki, EvaHungría1-7 a 31-8120.000
Bernardi, AndreaPerugia1-6 a 30-9100.000
Pais de Jesús Ramón, ElisabeteLisboa1-6 a 31-12100.000
Suárez González, Jesús A.Chile15-8 a 31-12120.000
Farías, Ruy GonzaloArxentina1-10 a 31-12120.000