Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES-3/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 25 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte

ACORDO:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan especial para a realización do paseo marítimo no tramo Labañou-O Portiño.

Segundo.-Expoñelo a información pública, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, para que no prazo dun mes poidan presentarse as alegacións oportunas.

Terceiro.-Notificar ós propietarios afectados incluídos dentro do ámbito do Plan especial.

Cuarto.-Remitir á Demarcación de Costas do Estado e Demarcación de Costas de Galicia».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Ser

vicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral, de 11.30 a 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 28 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo