1. Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.
c) Número de expediente: 28/2001.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: actuacións sobre o pavimento do núcleo histórico: praza da Quintana e o seu contorno.
b) Lugar de execución: praza da Quintana (Santiago de Compostela).
c) Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 23.522.754 pesetas (141.374,59 euros), incluíndo IVE.
5. Garantías.
Provisional: 470.455 pesetas (2.827,49 euros).
6. Obtención de documentación e información.
Documentación: Copy Nova, Rúa Nova de Abaixo, 12, local 4. 15706 Santiago de Compostela. Teléfono 981 59 23 93.
Información: Concello de Santiago de Compostela (contratación). Praza do Obradoiro, 1, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 23 75 e fax 981 57 76 27.
Data límite de obtención de documentos e información: 26 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP da Coruña ou no DOG.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: (grupos, subgrupos e categoría): grupo C, subgrupo 5, categoría d.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP e no DOG.
b) Documentación que se presentará: a especificada na cláusula 12 do prego de condicións económico-administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).
2ª Domicilio: rúa da Trinidade, 1 (Pavillón da Trinidade).
3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría). Praza do Obradoiro, 1, 14705 Santiago de Compostela.
b) Data: quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 15.3.3 do prego de condicións.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.
P.D.
Luis Toxo
Tenente de alcalde