Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-6/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 25 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte

ACORDO:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización para o desenvolvemento do Plan parcial sector 6: parque de Eirís, coas observacións do informe do enxeñeiro municipal, que deberán ser emendadas pola empresa redactora do documento con anterioridade á aprobación definitiva.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento polo prazo dun mes, anunciándose así no DOG e na prensa local».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral, das 11.30 ás 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 28 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo