Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES-5/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión do 25 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o PERI sobre un cuarteirón sito no lugar de Palavea presentado por Urbanizadora Heculina, S.L. coas seguintes condicións:

-Corrixi-lo punto 8.-Solos de cesión obrigatoria e gratuíta.

Os solos destinados a vías e especios libres públicos serán obxecto de cesión obrigatorio e gratuíta a favor do Concello da Coruña. Tal cesión formalizarase con escritura de reparcelación voluntaria ou ben a través do procedemento de normalización de predios, con anterioridade á solicitude de licencia de construcción.

-No punto 7 da memoria completarase cun estudio comparativo do reflectido nos planos respecto á edificabilidade.

Segundo.-Proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, anunciándose así no DOG en nos periódicos de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na avenida da Marina, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do seu promotor.

A Coruña, 28 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo