Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-8/1999).

O Pleno do Concello, en sesión do día 12 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións presentadas por Mario López Rico, con base nos informes emitidos.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle no APE H2.01, San Amaro, presentado por Ángel López Martínez coa seguinte condición:

Deberá presentar un novo texto que refunda o documento presentado para a súa aprobación definitiva co documento acreditativo da idoneidade da solución formulada dun bloque de lonxitude de 140 ml; incorpore na memoria o anexo xustificativo do aproveitamento tal como figura no informe subscrito polos técnicos municipais e aclaración relativa a que os planos nº 3 e nº 5 teñen carácter orientativo en relación á división de parcelas e bloques respectivamente, dado que estas determinacións corresponde establecelas ó proxecto de compensación, sendo válidos en relación ó resto de detarminacións.

Terceiro.-Unha vez presentado o texto refundido e comprobado polo técnicos municipais que cumpre a condición anterior, proceder á publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Cuarto.-Cumprido o punto segundo e terceiro, comunicar este acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando traslado do expediente administrativo e dous exemplares do documento en cumprimento do artigo 48.3º da LSG.

Quinto.-Notifica-los interesados neste estudio de detalle.

Sexto.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practiou a notificación, ou se é o caso, a publicación no DOG,

aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 18 de maio de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo