Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novas aplicacións informáticas de xestión de procedementos do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 2/2001).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: C.P. 2/2001.

2. Obxecto do contrato: servicios de desenvolvemento de novas aplicacións informáticas de xestión de procedementos do Igape.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 51, do 13 de marzo de 2001.

5. Orzamento máximo de licitación: 17.550.000 pesetas (dezasete millóns cincocentas cincuenta mil pesetas), IVE incluído.

6. Adxudicación.

a) Data: 19 de abril de 2001.

b) Contratista e importe de adxudicación: Altia Consultores, S.L. por un importe máximo de 17.550.000 pesetas, IVE incluído e polos seguintes importes unitarios:

-150.000 ptas. por estudio previo.

-200.000 ptas. por prototipo.

-5.000 ptas. por hora de desenvolvemento.

-5.000 ptas. por hora de mantemento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica