Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do servicio de seguridade deste hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, modificada pola Orde do 30 de maio de 2000, convoca o seguinte concurso público 7/01.

Obxecto: contratación do servicio de seguridade do Hospital Nicolás Peña

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Prazo de execución: o contrato empezará a rexer a partir da súa sinatura, ata o 31 de decembro de 2002.

Orzamento total: 29.250.000 pesetas. (175.796,04 euros).

Exercicio 2001: 11.250.000 pesetas. (67.613,86 euros).

Exercicio 2002: 18.000.000 de pesetas. (108.182,17 euros).

Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores acreditarán a súa solvencia técnica, financeira e económica segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará a disposición dos interesados no Servicio de Subministracións do Hospital Nicolás Peña, situado na avda. das Camelias nº 109, Vigo, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 h ás 14 h.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas del décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: será a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas del Hospital Nicolás Peña a partir das 9 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas, en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste procedemento será por conta do adxudicatario.

Vigo, 4 de maio de 2001.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo