Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 26 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de iniciación do expediente sancionador 15-1795/2000, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-1795/00 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo ó interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-1795/00.

Inculpado: Tu Idea Factory, S.L.

Domicilio: r/ Curros Enríquez, 1, 15178 Mera (Oleiros).

Motivos: obstrucción ó labor inspector e follas de reclamación.

Data da iniciación: 10-4-2001.

A Coruña, 26 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña