Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de abril de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificacion á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 20 e 22/2001.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados os acordos de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 20 e C 22/2001, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996 do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria dos expedientes a Clara Gómez Ruíz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para faceren as alegacións que crean oportunas nos seus descargos e, de se-lo caso, solicitaren a práctica das probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en A Coruña a 30 de abril de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 20/2001.

Susana Freire Montes.

R/ París, 23, R-62, P-F, 1º C.

Santiago de Compostela.

VP-C 22/2001.

Óscar Giménez Escudero.

R/ Alexandre Bóveda, bloque 1-1º B.

Santiago de Compostela.