Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de abril de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificacion á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a resolución do expediente sancionador VP-C 21/2000.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto

1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución do expediente sancionador VP-C 21/2000, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente o beneficiario, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción impónselle unha multa de 200.000 ptas., sen prexuízo da obrigación de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

De non cumprirse a presente resolución en tódolos seus termos, poderán ser utilizadas as multas coercitivas previstas no artigo 166 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 30 de abril do 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 21/2000

Pablo L. Sánchez Barros

Edificio Herradura nº 3-2º esqda.

Labañou

A Coruña