Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 06 de xuño de 2001 Páx. 7.492

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do acordo marco regulador do persoal funcionario do concello da Illa de Arousa.

Visto o escrito dos asinantes do acordo marco reguladora do persoal funcionario do concello da Illa de Arousa, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26 de abril de 2001, polo que manifestan que houbo un erro no anexo do devandito acordo (publicado no DOG nº 82, do 27 de abril), polo que achegan un novo anexo.

Que ó abeiro do disposto o artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos, existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido no anexo do acordo marco do persoal funcionario do concello da Illa de Arousa e no sentido que figura no novo.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de abril de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Denominación do posto

de traballo

Nº posto

Grupo

Nivel

Secretaría-intervención1B25

Administrativos2C18

Policía local3D13

Oficial conductor1D13

Subalternos1E12

Subalterno-recadador1E14

Operarios (obras e servicios)1E12

Subalterno (conserxe biblioteca)1E12

Nota: ter en conta a creación das dúas prazas de auxiliares administrativos, amortizando as de grupo E correspondentes, así como a de cabo da policía.

Non se recolleu complemento de nocturnidade= 30%. Nin complemento de domingos e festivos para a policía de 10.000 pesetas.

Táboa de aproximación retributiva

FuncionariosNiv.C. dest.C. esp.Total ano

Secretaría12592.316190.830 3.397.752

Administrativos21858.830 60.704 2.868.816

Policía local31342.100 62.779 3.775.644

Conductor11342.100 62.779 1.258.548

Subalternos11238.751 51.056 1.077.684

Subalterno11445.448 68.229 1.364.124

Sub. ob. serv.11238.751 51.056 1.077.684

Conx. bibliot.11238.751 51.056 1.077.684

Total funcionarios15.897.936