De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 27012/98 por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde teña vostede o seu domicilio ou teña a sede o órgano autor do acto orixinario, á súa elección, de acordo co disposto no artigo 8.2º b) 4 en relación co 14.1º segunda da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.
Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 de Caixa Galicia (2091) Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, no seguinte prazo:
a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.
Expediente: 27012/98.
Denunciado: Cousas Lugo, S.L.
Domicilio: rúa Diego Pazos, 26 de Sarria (Lugo).
Sanción e motivo: 50.000 pesetas (cincuenta mil) por incumprimento certificado garantía.
Data resolución: 31-1-2001.
Lugo, 24 de abril de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo