De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións pública, e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente número 15-1749/99 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó con
tido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-1749/99.
Inculpado: Grupo Goncasse, S.L.
Domicilio: Alcalde Lens, 20.
Motivos: negativa inxustificada a satisface-las demandas do consumidor.
Data da iniciación: 28-3-2001.
A Coruña, 24 de abril de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña