Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 24 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do recurso ordinario correspondente ó expediente sancionador 27014/1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 27014/98 por infracción en materia de defensa dp consumidor.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde teña vostede o seu domicilio ou teña a sede o órgano autor do acto orixinario, á súa elección, de acordo co disposto no artigo 8.2º b) 4 en relación co 14.1º segunda da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 de Caixa Galicia (2091) Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, no seguinte prazo:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 27014/98.

Denunciado: Cousas Lugo, S.L.

Domicilio: rúa Diego Pazos, 26 de Sarria (Lugo).

Sanción e motivo: 25.000 pesetas por incumprimento certificado garantía.

Data resolución: 29-12-2000.

Lugo, 24 de abril de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo