Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación dos estatutos da Asociación Provincial de Empresas Medioambientales (Aproema), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación Profesional de Empresas Medioambientales (Aproema).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou a acta da asemblea xeral ordinaria da Asociación Provincial de Empresas Medioambientales (Aproema), celebrada en Vigo o 29 de marzo de 2001, na que se reflicte as modifiacións estatutarias acordadas, entre elas, a que fai referencia ó cambio de ámbito territorial, que pasa a ser o da Comunidade Autónoma de Galicia, e o cambio de denominación da asociación, que pasa a denominarse Asociación Profesional de Empresas Medioambientales (Aproema).

Asinan a acta da asemblea xeral ordinaria, Rafael e Carlos Pérez Mosteiro, secretario e presidente da asociación, respectivamente.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais