Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución dos expedientes OU 007/01P e catro máis por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e mais do seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formularen cantas alegacións estimen pertinen

tes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

Ourense, 8 de maio de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción pesetas

OU-007/01PAlejandro Salgado García

44.465.772

R/ Rosalía de Castro, 26-2º

Verín (Ourense)

Pescar sen licencia aínda sendo titular delaLei pesca fluvial Galicia 7/1992 artigo 33.1º5.000

OU-009/01PSantiago Álvarez González

34.990.815-H

R/ Manuel Martínez Sueiro, 4-1º B

Ourense

Pescar en luns non festivo, día inhábil para a pescaLei pesca fluvial Galicia 7/1992 artigo 34.8º50.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-013/01PJuan Carlos Pérez Suárez

34.960.274-K

Nicomedes Pastor Díaz, nº 1-4º esq.

Ourense

Pescar empregando un cebo non permitido (culleriña) polo anexo V, punto 2 da Orde do 24 de xaneiro de 2000Lei pesca fluvial Galicia 7/1992 artigo 34.14º50.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-020/01PJosé González Prieto

34.951.528

Progreso, nº 29, 5º

Ourense

Pescar no encoro de Salas en época de vedaLei pesca fluvial Galicia 7/1992 artigo 34.8º50.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-026/01PAntonio Cobelas Martínez

34.514.961

Lg. San Paio, 87

Ribadavia (Ourense)

Pescar en época de vedaLei pesca fluvial Galicia 7/1992 artigo 34.8º50.001, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano