Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación de Asociacións de Criadores de Bovino Autóctono de Galicia (Boaga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación de Asociacións de Criadores de Bovino Autóctono de Galicia (Boaga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita federación as asociacións profesionais que teñen por obxecto a conservación, recuperación e mellora das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción.

Asinan a acta de constitución: María Rocío Pérez Barroso, en representación da Asociación de Criadores de Raza Cachena (Cachega), e catro persoas máis representado outras tantas asociacións.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais