Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.449

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001 pola que se convoca un curso de Excel 2000.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar

no ano 2001, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dun curso de Excel 2000, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Conseguir que o alumno comprenda a utilidade dunha folla de cálculo e capacitalo para o manexo das funcións máis empregadas neste tipo de aplicación informática.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia que posúan e poidan acreditar coñecementos medios de informática. Para estes efectos teranse en conta todos aqueles que teñan realizado o curso básico na Academia Galega de Seguridade. No caso de quedaren prazas vacantes, ós membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan neste curso é de 15.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta á máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 11 de xuño de 2001, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; isto será requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito comportará a non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso terá lugar en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) O interface de Excel.

b) Tipos de datos e formato de celas.

c) Fórmulas básicas.

d) Transferencias relativas, absolutas e mixtas.

e) Funcións: matemáticas básicas, estatísticas e financeiras simples, lóxicas e condicionais e de busca e referencia.

f) Gráficas.

g) Excel como base de datos: ordenación e filtros.

Datas.

O curso terá lugar en datas do 18 ó 22 de xuño de 2001, das 16 ás 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 13 de xuño de 2001 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

O curso desenvolverase na aula de informática da Academia Galega de Seguridade, sita na avda. da Cultura s/n, 36680 A Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el e superen unha proba de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de maio de 2001.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade