Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.449

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de maio de 2001 pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 97, do martes 22 de maio de 2001, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 6.845, no anexo B, base quinta, punto 3, onde di: «As axudas previstas nos puntos anteriores incrementaranse nunha contía de ata 500.000 pesetas (3.005,06 euros),», debe dicir: «As axudas previstas nos puntos anteriores incrementaranse ata unha contía de 500.000 pesetas (3.005,06 euros)».

-Na páxina 6.845, no anexo B, base sexta, punto 3, onde di: «As contratacións ás que se refiren os puntos 1 e 2 desta base, incrementaranse cunha axuda de ata 600.000 pesetas (3.606,07 euros)», debe dicir: «As contratacións ás que se refiren os puntos 1 e 2 desta base, incentivaranse cunha axuda de ata 600.000 pesetas (3.606,07 euros)».

-Na páxina 6.851, no anexo D, base oitava, onde di: «... incrementándose nunha contía de ata 800.000 pesetas (4.808,10 euros) cando se realicen con mulleres tituladas.», debe dicir: «... incrementándose ata unha contía de 800.000 pesetas (4.808,10 euros) cando se realicen con mulleres tituladas.»

-Na páxina 6.855, no anexo E, base novena, punto 2, onde di: «... incrementarase nunha contía de ata 850.000 pesetas (5.108,60 euros)», debe dicir: «... incrementarase ata unha contía de 850.000 pesetas (5.108,60 euros)».