Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.443

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de maio de 2001 pola que se particulariza para o exercicio orzamentario 2001 o procedemento de concesión de axudas para a promoción, fomento da calidade e busca de novas saídas comerciais dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

A Orde do 21 de setembro de 2000, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a promoción, fomento da calidade e busca de novas saídas comerciais dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (Diario Oficial de Galicia nº 189, do 28 de setembro), modificada pola Orde do 28 de outubro de 2000 (DOG nº 213, do 3 de novembro), establece no seu artigo 4 que as axudas se conceden con cargo ás aplicacións orzamentarias que en cada un dos anos de vixencia do actual Programa Operativo IFOP 2000-2006 sinale a correspondente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Por outra banda, o seu artigo 13 establece que o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente convocatoria.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o exercicio 2000 ó abeiro da referida orde e aprobada a Lei 4/2000, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2001, cómpre establece-las condicións particulares para a concesión destas axudas neste exercicio.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Para o exercicio orzamentario 2001, as axudas ó abeiro da Orde do 21 de setembro de 2000, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a promoción, fomento da calidade e busca de novas saídas comerciais dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (Diario Oficial de Galicia nº 189, do 28 de setembro), modificada pola Orde do 28 de outubro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 213, do 3 de novembro), outorgaranse con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.770.0 (empresas privadas) e 12.03.780.0 (asociacións de empresas privadas sen ánimo de lucro) do programa 722B (Promoción dos productos pesqueiros e fomento da calidade) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, aprobados pola Lei 4/2000, do 27 de decembro, e ata un importe máximo, respectivamente, de 22.613.000 pesetas (12.03.722B.770.0) e 65.537.000 pesetas (12.03.722B.780.0), que figuran dotadas na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de

Galicia para 2001.

Artigo 2º.

Para a concesión de axudas con cargo ó exercicio orzamentario 2001, ó abeiro da referida Orde do 21 de setembro de 2000, modificada pola Orde do 28 de outubro de 2000, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura