Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 05 de xuño de 2001 Páx. 7.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se convocan tres cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a nor

mativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipulador destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia realizar.

En consecuencia, anunciase a convocatoria de 3 cursos de aplicador/manipulador de praguicidas que se realizarán de acordo coas seguintes bases:

1. Clase de cursos que se van impartir:

Cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

2. Datos dos organismos organizadores:

Os organismos organizadores serán: o Servicio de Sanidade Vexetal da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Vexetal, en colaboración coa Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria.

3. Obxectivos dos cursos:

Conseguir una formación adecuada para os agricultores que realicen tratamentos na súa propia explotación, sen empregar persoal auxiliar, con productos de uso fitosanitario ou gandeiro, de categorías toxicolóxicas nociva ou tóxica, así como para o persoal de establecementos e empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con estes praguicidas, ó obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador para eses productos, de nivel básico, que os capacite para exerceren a dita actividade a nivel autonómico e estatal.

4. Destinatarios:

a) Destinatarios: agricultores e persoal de establecementos e servicios praguicidas.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderá participar por curso será de 30 como máximo.

Criterios de selección: o solicitante deberá ter ó menos 18 años.

Na selección terán prioridade os agricultores especificados no número 3, se quedaran prazas vacantes, e sempre que o xustifiquen documentalmente, poderá admitirse persoal de establecementos de venda e dos almacéns comunitarios e outros almacéns recollidos no artigo 4º, números 1.4, 1.5, 1.6, y 1.7 da Orde do 8 de abril de 1996, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas e se dictan normas para a inscrición neste rexistro na Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Celebración:

-Lugar: as clases correspondentes a estes 3 cursos levaranse a cabo na Escola de Capacitación Agraria-Pedro Murias, Vilaframil-Ribadeo (Lugo).

-Datas: 11 a 15 de xuño de 2001.

18 a 22 de xuño de 2001.

24 a 28 de setembro de 2001.

Duración e horario:

-Duración de cada curso: 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 de clases prácticas.

-O horario dos cursos será de: 16 a 20 horas de luns a xoves e de 9 a 14 horas do venres.

6. Programa:

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinación técnica do curso:

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde de 30 de xullo de 1997, a coordinación do curso realizarana conxuntamente o persoal técnico do Servicio de Sanidade Vexetal da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Vexetal e a da Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria.

8. Solicitudes e inscrición:

a) Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación do organismo ou servicio de praguicidas especificando o labor que desenvolve o solicitante.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en horario de 9 a 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de instancias rematará 15 días naturais antes da data de comezo de cada curso. Para o curso que se desenvolverá do 11 ó 15 de xuño, o prazo rematará sete días antes do comezo.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios do organismo convocante, no prazo de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ó remate do prazo de inscrición, agás para o primeiro curso programado, no que a exposición se realizará tres días antes do comezo.

9. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións do curso. Rematado este, os organizadores realizarán as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos polo alumno e, en caso de as superaren, expedirase o certificado co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria o carné de manipulador de productos fitosanitarios de nivel básico, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade e os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Manuel Díaz Cano

Director xeral de Producción Agropecuaria

ANEXO II

Programa do curso para os productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico.

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios en caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do medio ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 21.