A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo 02/0004361/2001, interposto por Manuel Carballo Treviño, contra resolución da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 17-1-2001, pola que se desestima o recurso
de alzada contra outra da Dirección Xeral de Recursos Mariños do 25-11-1999, pola que se lles asignan cuadrículas no Acordo de reordenación de Cambados ós viveiros Mapesvi 1, Mapesvi 2, Mapesvi 3, Mapesvi 4 e Mapesvi 5.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2001.
Javier Pereiro Muñoz
Director xeral de Recursos Mariños