Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 10 de maio de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da parcela sita na confluencia das rúas Coutada, no seu lado leste e Cavadiña, polo seu lado norte, presentado por Promolar, S.L. e redactado polo arquitecto Manuel Díaz Rial.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo seu contido na secretaría do Concello de Soutomaior e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Soutomaior, 18 de maio de 2001.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde