Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 25 de xaneiro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle do solo urbanizable non programado número 15 (SUNP-15) da Ponte Pereda-Conxo, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e do Solo.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 95, do día 26 de abril de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo