Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

Asunto: aprobación definitiva de estudio de detalle por acordo plenario do 22-5-2001.

Promotor: Itaipu Trade, S.L.

Arquitecto: Leopoldo Ivorra Sáenz-Díez.

Ámbito: parcela sita entre a rúa Leiras número 45 e avenida Xosé Solla número 89.

Finalidade: sinalamento de aliñación e rasante e reordenación do volume da parcela.

Norma reguladoras: artigo 48 e concordantes da Lei do solo de Galicia.

O que se fai público coa indicación de que o citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso, todo isto sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que se considere procedente.

Soutomaior, 23 de maio de 2001.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde