Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 218/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña

Denominación: L.M.T.S. subestación porto-San Nicolás.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1/240) mm Al na cidade da Coruña:

-De 40 m coa orixe no C.T. Banco de Bilbao e final no C.T. Banco de Granada.

-De 140 m coa orixe no C.T. Banco de Granada e final no C.T. Once.

-De 125 m coa orixe no C.T. Casino e final la liña Once-Torreiro.

-De 130 m coa orixe no C.T. Torreiro e final na liña San Nicolás-Damas. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña