Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 196/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. r/ Mazote.

Situación: Ares

Características técnicas: substitución de tramo de liña eléctrica de media tensión a 15 kV por tramo subterráneo entre os CCTT de Golmar e praia de Ares en r/ Mazote s/n de Ares, implantando tres novos apoios dos de formigón para paso aéreo-subterráneo e un metálico para derivación en conductor LA-56 a Ares, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al baixo tubo, de 210 m de lonxitude en r/ Mazote s/n. Concello de Ares.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña