Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 04 de xuño de 2001 Páx. 7.370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de maio de 2001 pola que se conceden axudas para a realización de accións de integración laboral e estímulo da formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada, de educación secundaria obrigatoria ou bacharelatos LOXSE no curso 2000-2001, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Por Orde do 5 de febreiro de 2001 (DOG do 16 de febreiro) convocáronse axudas para a realización de accións de integración laboral e estímulo da formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada, de educación secundaria obrigatoria ou bacharelatos LOXSE, da Comunidade Autónoma.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo oitavo da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.480.3 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De conformidade co artigo décimo primeiro da Orde do 5 de febreiro de 2001 as axudas serán pagadas unha vez finalizadas as actividades, no momento da completa xustificación de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade

Autónoma de Galicia, por parte do beneficiario e da entrega da memoria de actividades, achegando certificación de ter realizado a actividade de acordo co establecido na mencionada orde e cos investimentos previstos, así como a certificación respecto da percepción ou non prcepción doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa (DOG do 31 de decembro). A devandita xustificación e memoria farase de acordo coas instruccións que para o efecto dicte a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e que serán postas en coñecemento dos interesados na mesma data en que se lles comunique a súa concesión.

No caso de que as axudas non superen o importe de 1.000.000 de pesetas poderán aboarse da seguinte forma:

1. Unha vez resolta a convocatoria e aceptada a subvención polos interesados, aboarase o 10% da súa contía, logo da xustificación provisional consistente na certificación de que deron comezo as actividades. Así mesmo xuntarase, por parte dos solicitantes, relación nominal e DNI dos alumnos receptores, dos relatores e dos coordinadores da acción. Os grupos terán como mínimo 20 alumnos.

2. Libraranse, en concepto de pagamentos parciais, as cantidades que xustifiquen os beneficiarios, sen exceder, en ningún caso, do 70% da contía total da subvención.

3. A cantidade restante librarase unha vez rematada a actividade no momento da súa completa xustificación económica por parte do beneficiario e da entrega da memoria de actividades.

Cuarto.-Nas convocatorias públicas, publicidade e propaganda das accións que se desenvolvan ó abeiro da Orde do 5 de febreiro de 2001, así como nos lugares nos que se realizan as referidas accións, deberá figurar que estas están cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Fondo Social Europeo, ambas institucións cos seus respectivos logotipos.

Quinto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

EntidadesImporte (ptas.)

APA do IESP de Curtis300.000

Asociación Cultural Xerfa2.600.000

Fundación Galfor3.000.000

Asoc. Formativa Rural Cabo Estai1.420.000

APA A Salgueira350.000

Forem Galicia (Fundación Formación e Emprego)1.275.000

FORUM Galicia de Estudios Sociais600.000

Fundación Mestre Mateo1.200.000

Asociación de Pais e Nais do IES Lamas de Abade300.000

CIMO1.700.000

Fundación para o Desenvolvemento da Cormarca de Ordes225.000

APA do Colexio El Castro75.000

Federación de Cooperativas Sinerxia1.550.000

APA nº 1 do IES María Sarmiento700.000

Asociación EFA Fonteboa300.000

Cáritas Diocesana de Ourense150.000

APA Ana Lastra López300.000

Confederación de Empresarios de A Coruña1.000.000

APA Xulián Magariños300.000

APA IFP Roberto Vidal600.000

Confederación de Empresarios de Pontevedra1.000.000

Asociación de Empresarios Iniciativa por Fene300.000

APA Fraga de Novio300.000

Asociación Ferrol Metrópoli300.000

APA do Colexio San Miguel 2 (antes Nebrija)75.000

APA do Instituto Fontiñas (IES Antón Fraguas)300.000

Asoc. Escola Familiar Agraria Piñeiral300.000

Federación Galega de Academias1.500.000

UCETAG1.050.000

ANEXO II

EntidadesCausa denegación

Asociación Xuvenil PolarisFóra de prazo

Instituto de Ciencias Sociales de RibeiraFóra de prazo

Asociación Intérpretes para Persoas XordasFóra de prazo