Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación da obra que a seguir se relaciona:

Axardinamento dun parque infantil na urbanización O Graxal-Cambre: orzamento: 10.640.968 pesetas, IVE incluído (63.953,50 euros).

O anuncio de licitación publicouse no BOP da Coruña número 115, do 22 de maio do ano que corre.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos do Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de trece días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 23 de maio de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde