Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO sobre concurso público, con procedemento aberto, para adxudicación do contrato de xestión do servicio público de recolla de residuos sólidos urbanos do concello de Cabanas.

Aprobado polo Pleno da Corporación en sesión realizada o 10 de maio de 2001 o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas para a contratación da xestión do servicio de recolla de residuos sólidos urbanos no concello de Cabanas e transporte á ecoplanta de Narón (publicado no BOP nº 118, do 25 de maio de 2001), convócase concurso con procedemento aberto para adxudicación do contrato de xestión do referido servicio.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Cabanas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Contratación do servicio de recolla dos residuos sólidos urbanos no concello de Cabanas e o que transporte ata a planta de tratamento de Narón.

b) División por lotes e número: non.

c) Presentación de variantes/alternativas: segundo o prego de condicións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Réxime económico.

Tipo de licitación: 14.500.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 290.000 pesetas.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Domicilio: rúa do Concello, 2.

c) Localidade e código postal: Cabanas 15621.

d) Telefóno: 981 49 59 59.

e) Fax: 981 43 19 44.

f) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio no DOG ata as 13 horas do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos do contratista.

Os que figuran no prego de condicións publicado no BOP nº 118, do 25 de maio de 2001.

8. Presentación de solicutudes de participación e ofertas.

Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

9. Docuemntación que hai que presentar.

A que consta no prego de condicións (BOP nº 118, do 25 de maio de 2001).

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cabanas.

As proposicións non presentadas directamente comunicaranse por fax ou telegarma antes da data na que remata o prazo de presentación, debendo acreditarse a data de envío da documentación.

10. Apertura de plicas.

a) Entidade: Concello de Cabanas.

b) Domicilio: rúa Concello, 2.

c) Localidade: Cabanas.

d) Data: segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo para a presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Cabanas, 28 de maio de 2001.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa-presidenta