Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno municipal deste concello, en sesión do 27 de abril de 2001, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o expediente promovido por Manuel Rey Ruanova, en representación de Maquinaria Rey, S.A., relativo ás modificiacións puntuais das normas subsidiarias do parlaneamento municipal relativas ó solo rubano industrial no contorno da N-VI, segunod a documentación presentada polo arquitecto José Miguel Vázquez García e o avogado Juan Pérez Rodríguez, consistentes en: 1º Recualificación de parte dos solos cualificados polo Plan parcial do polígono industrial de Bergondo como zona de espacios libres. 2º Delimitación dos solos clasificados como urbano industrial sitos entre o Plan parcial do polígono industrial de Bergondo, e os enclaves edificados no contorno da N-VI, e ordenación deles mediante un plan especial de reforma interior.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio, calquera interesado poderá examina-lo expediente no concello: Servicio de Urbanismo, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Bergondo, 7 de maio de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente