Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O alcalde-presidente deste concello, por Resolución do día 8 de maio de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a fixación de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes, na parcela sita no lugar de Moruxo, parroquia de Moruxo, neste concello, redactado polo arquitecto José Antonio Vázquez Rodríguez e promovido por Luis Cordero Ramos, en representación de Corinsua Promociones, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

Bergondo, 7 de maio de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente