Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de material de imprenta e consumibles de informática, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 21/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

I. Obxecto: subministración sucesiva, estructurado en 23 lotes de: a) material de imprenta (lotes 1 a 14) e b) consumibles de informática (lotes 15 a 23).

a):

Lote 1: bolsa kraft 110 gr. T/41x46 cm solapa engomada, impresa 1 cara.

Lote 2: carteira kraft 250 gr. T/38x49,5 cm impresa.

Lote 3: bolsa kraft 90 gr. T/37x45 cm autodex, impresa.

Lote 4: bolsa kraft 90 gr. T/26x36 cm autodex, impresa.

Lote 5: sobre branco T/12x17,5 cm autodex, impreso.

Lote 6: sobre branco T/17,5x23 cm autodex impreso.

Lote 7: sobre branco T/11x22 cm autodex, impreso.

Lote 8: bolsa kraft 90 gr. T/31x41 cm autodex, impresa.

Lote 9: bolsa kraft 90 gr. T/23x32,5 cm autodex, impresa.

Lote 10: papel branco 80 gr. T/A4, impreso.

Lote 11: orde médica farmacia P/unidose, paquete de 125 xogos.

Lote 12: petición radioloxía TAL/100-2.

Lote 13: carpeta UCA.

Lote 14: unidade de porta de urxencia TAL/50-4.

b):

Lote 15: etiquetas para impresora de transf. Térmica T/6x112 R/1500.

Lote 16: toner HP Laser Jet 4000/4050 Ref. C4127X orixinal.

Lote 17: cartucho Negro HP 850/720/600/500 Ref. 26A/29A/45A orixinal.

Lote 18: cinta para impresora transf. Térmica TEC B-472 T/0,89'600 orixinal.

Lote 19: toner HP Láser Jet 4 plus Ref. 9298A orixinal.

Lote 20: CD Rom grabable 74 min. 640 MB.

Lote 21: toner HP Láser Jet 5P/6P Ref. C3903A orixinal.

Lote 22: toner HP Láser Jet 5L/6L Ref. C3906A orixinal.

Lote 23: disketes 3 œ DSHD formateados.

II. Orzamento estimado.

37.725.700 pesetas (trinta e sete millóns, setecentas vintecinco mil, setecentas pesetas), IVE incluído.

226.736,02 euros (douscentos vinteseis mil, setecentos trinta e seis euros, con dous céntimos).

III. Garantías.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

V. Prazo de execución: un ano desde a formalización do contrato. Este contrato poderase prorrogar nos termos que recolle a cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

VI. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

VII. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante a presentación da documentación indicada nos puntos 1, 3 e 4 do anexo I do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

VIII. Solvencia técnica: acreditarase mediante a presentación da documentación indicada nos puntos 2 e 3 do anexo II do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

IX. Criterios de adxudicación:

Número de puntos

1. Oferta económicaata 50%

2. Calidade dos materiaisata 40%

3. Servicio técnico da subministraciónata 10%

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: non se esixe.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de

Santiago de Compostela