Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 12/2001.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artígo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio) e con a autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, esta dirección-xerencia acorda darlle publicidade a adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

-Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

-Número de expediente: 12/2001.

2. Obxecto do contrato:

-Tipo de contrato: contrato de subministracións.

-Descrición do obxecto: subministracións de vendas.

-Anuncio de licitación publicado no DOG nº 10, do 11 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

-Tramitación: anticipada.

-Procedemento: aberto.

-Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 24.420.520 pesetas (146.770,29 euros).

5. Adxudicación.

-Datas: 23 de abril de 2001.

-Contratistas:

LoteOrzamentoEurosAdxudicatarioImporte adxudicadoEuros

117.313.200,00Smith & Nephew, S.A.6.728.93040.441,68

223.785.760,00Johnson & Johnson, S.A.3.754.92922.567,58

331.738.560,00Torras Valentí, S.A.1.594.6569.584,08

446.495.000,00Smith & Nephew, S.A.5.636.76033.877,61

555.088.000,00Beiersdorf, S.A.4.958.89429.803,55

24.420.520,00Total C.P. 12/0122.674.169136.274,50

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 24 de abril de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerene do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña