Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso de servicios.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación do servicio que a seguir se relaciona:

Traballos de limpeza, roza e desherbado mecánico e/ou manual das malezas nas estradas, camiños e predios do concello de Cambre: orzamento: 12.085.674 pesetas/ano, IVE incluído (72.636,36 euros).

O anuncio de licitación publicouse no BOP da Coruña número 116, do 23 de maio do ano no que andamos, e corrección de erros no BOP nº 118, do 25 de maio.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello, e presentar alegacións no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de oito días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 26 de maio de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde