De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e no Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,
DISPÓN:
Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo, por non reuniren xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello da Fonsagrada, os montes Carboeiro, Galameiro e outros; Covas e Castelo e Castañeiral de Ferreiros pertencente ás parroquias do Vilar da Cuíña; Vaos e San Pedro de Río, que figuran cos números 22-1; 22-A e 22-B respectivamente, nel.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2001.
José Carlos del Álamo Jimenez
Conselleiro de Montes e Medio Ambiente Natural