Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.337

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, dous postos de traballo do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de Sistemas e Tecnoloxía da Información, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías convocadas pola Orde do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro), pola que se anuncia a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión do día 29 de maio de 2001 o tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, dous postos de traballo do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de Sistemas e Tecnoloxía da Información, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocadas pola Orde do 12 de setembro de 2000, acordou, de conformidade co disposto na base quinta da convocatoria, convoca-los aspirantes admitidos ás probas selectivas, para a realización do primeiro exercicio no lugar, o día e a hora que se especifica:

Lugar: salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 6-7, en Santiago de Compostela.

Día: 8 de xuño de 2001.

Hora: apertura de portas ás 17 horas e peche e inicio do exercicio ás 17.30 horas.

Os aspirantes irán provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

Alvaro Ignacio José Otero López

Presidente do tribunal