Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Venres, 01 de xuño de 2001 Páx. 7.322

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Citroën Hispania, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Citroën Hispania, S.A., con nº de código 3600282, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-4-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa e as centrais sindicais, en data 2-4-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de abril de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo

Anos 2001-2003

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Citroën Hispania, S.A. e polos sindicatos Sindicato Independiente de Trabajadores de Citroën en Pontevedra (SITC), Unión General de Traballadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega (CIG), recoñecéndose como interlocutores válidos para os efectos do artigo 87.1º da Lei do Estatuto dos traballadores (LET), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º da LET, o ámbito territorial do convenio é o dos centros de traballo da empresa Citroën Hispania, S.A., existentes na actualidade na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, excepto naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos.

En canto ós traballadores con contrato a tempo parcial ou de duración inferior á máxima acordada neste convenio, as súas condicións xerais, económicas e sociais serán as previstas neste texto se ben cuantificadas en relación coa xornada e retribución correspondente.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 2001.

Terá unha vixencia dun ano, a excepción daqueles aspectos do articulado que conteñan vixencias concretas, e expirará o 31 de decembro do ano 2003.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3º e) LET, a partir da entrada en vigor deste convenio, crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convenido, integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes, membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa.

As reunións desta comisión celebraranse cada tres meses, salvo apreciación de urxencia por algunha das representacións. Entre a solicitude de reunión e a súa celebración mediará un prazo de 48 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas en acta. En caso de non haber acordo, farase que se relictan as diferencias. En ámbolos casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que estime procedente no prazo de oito días e notificarállelo a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación ante a instancia competente.

A comisión paritaria queda habilitada para levar a cabo as actuacións administrativas que procedan para a adecuación deste convenio colectivo antea unha eventual reordenación xurídica das empresas do grupo PSA Peugeot Citroën en España.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

TÍTULO II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó servicio dela, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, data de antigüidade na empresa, categoría laboral e a súa antigüidade nela, e servicio en que traballa. Así mesmo, cando algún traballador motivadamente o requira, expediráselle un documento no que se exprese a profesión ou oficio e funcións que desempeñou durante a súa permanencia na empresa.

Unha copia deste rexistro seralles entregada ós representantes legais dos traballadores xunto cun

anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores no 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización á Seguridade Social, haberá que aterse ó disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

1. Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia del.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso, serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.

-Especialistas: 2 semanas.

As contratacións baixo a modalidade de contrato en prácticas terán un período de proba mínimo de dous meses.

2. Citroën Hispania, S.A. entregará á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito, a excepción dos contratos de relación laboral especial de alta dirección sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de comproba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá tódolos datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, puidese afecta-la intimidade persoal.

A copia básica entregaráselles nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato ós representantes legais dos traballadores, que a asinarán para efectos de acreditaren que se produciu a entrega. Posteriormente, a dita copia básica enviarase á oficina de emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga de rexistro no Inem a copia básica remitirase, xunto co contrato, á oficina de emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

Citroën Hispania, S.A. notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo, a copia básica dos cales foi entregada, así como as denuncias correspondentes, no prazo dos dez días seguintes a aquel en que tivese lugar.

Os representantes legais dos traballadores deberán recibir, polo menos trimestralmente, información acerca das previsións da empresa sobre celebración de novos contratos, con indicación do número destes e das modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como dos supostos de subcontratación.

Os representantes legais dos traballadores observarán sixilo profesional, non podendo utiliza-la dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Citroën Hispania, S.A., con ocasión da extinción do contrato, ó lles comunicar ós traballadores a denuncia ou, se é o caso, o aviso previo da súa extinción, deberá acompañar unha propuesta do documento de liquidación das cantidades debidas.

O traballador poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadores no momento de proceder á sinatura do recibo da liquidación, facéndose constar nel o feito da súa sinatura en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador non fixo uso desta posibilidade. Se a empresa impedise a presencia do representante no momento da sinatura, o traballador poderá facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

Calquera modificación que puidese experimenta-la normativa legal vixente suporía a conseguinte adaptación do texto deste epígrafe en idéntico sentido.

Artigo 10º.-Contratación eventual.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b) da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes acordan a aplicación da vixencia máxima dos contratos alí establecidos na medida pactada no convenio sectorial do metal.

Artigo 11º.-Conversión de contratos.

De acordo co prevido na disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, a empresa poderá proceder á conversión de contratos de duración determinada ou temporais en contratos para o fomento da contratación indefinida, regulados na norma citada, xa sexan a tempo completo ou a tempo parcial.

Artigo 12º.-Categorías.

O persoal de Citroën Hispania, S.A. estará encadrado, no non previsto neste convenio, nas categorías profesionais que determina a ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptación ás súas propias características.

En tal sentido, as categorías de persoal horario quedan estructuradas como segue:

-Especialistas C.

-Especialistas B.

-Especialistas A.

-Profesional de 3ª B.

-Profesional de 3ª A.

-Profesional de 2ª B.

-Profesional de 2ª A.

-Profesional de 1ª B.

-Profesional de 1ª A.

-Profesional de 1ª especial.

As citadas categorías de persoal horario están amparadas polo sistema de clasificación profesional anexo a este convenio colectivo.

Artigo 13º.-Comisión de seguimento do sistema de clasificación profesional do persoal horario.

Créase unha comisión de seguimento de clasificacións profesionais, constituída por un representante de cada sindicato con presencia no comité de empresa, que haberá de ser membro de tal órgano representativo ou delegado sindical, e outros tantos representantes da empresa. A comisión é competente para a exposición e resolución das dúbidas de interpretación que poidan formularse, e, en xeral, para o seguimento da aplicación deste sistema.

Artigo 14º.-Traslados.

A) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, se ben procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro.

Cando por razóns organizativas sexa necesario trasladar persoal dalgúns talleres a liñas de montaxe terminación, pintura, fosfatación e embutición (grandes e pequenas prensas), farase por orde de antigüidade na empresa entre o persoal daqueles talleres, empezando polos de menor antigüidade. Se o traballador ó que pola súa antigüidade lle corresponde ser trasladado estivo xa nalgún destes talleres por un período mínimo de dous anos, ou ten limitacións determinadas polo servicio médico da empresa que lle impidan o traballo nos ditos talleres, o traslado efectuarase na persoa que o siga en antigüidade. Quedan á marxe desta norma os especialistas cualificados e profesionais.

Os traballadores especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos, de liña de montaxe de vehículos ou de grandes prensas, serán trasladados, por petición propia, a outros postos que non presenten estas características e substituídos por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior, de acordo coas seguintes normas:

1ª Levar máis de tres anos nun dos ditos postos.

2ª A orde de preferencia para o traslado será:

a) Postos tóxicos.

b) Liña de montaxe de vehículos ou grandes prensas.

3ª Dentro de cada grupo darase preferencia á maior antigüidade no posto.

Por razóns organizativas, o número máximo de traslados por este último motivo quedará limitado a vinte cambios mensuais, dos que catro serán de postos tóxicos e dezaseis, dos restantes postos.

En tódolos traslados a que fai referencia esta letra A), teranse en conta as aptitudes que sexan necesarias para o bo desempeño do posto.

B) Traslados a outros centros de traballo.

Haberá que aterse á normativa legal vixente, excepto que a empresa non faga uso do dereito de sanciona-las faltas moi graves co traslado forzoso a distinto centro de traballo que supoña cambio de domicilio.

C) Traslados especiais.

O 31 de decembro de cada un dos anos de vixencia do convenio ningún traballador pintor de cabinas de revestimentos terá máis de cinco anos de antigüidade no posto. Todos aqueles pintores de cabinas de revestimentos que pola expresada circunstancia fosen trasladados a outros postos, transcorridos polo menos tres anos, poderían ser novamente destinados a aquela actividade por un período non superior a dous anos. O indicado anteriormente non rexerá para aqueles traballadores que voluntariamente acepten a permanencia nos ditos postos.

Durante os anos de vixencia do convenio efectuarase a substitución de polo menos o 20% dos traballadores do taller de aplicación de insonorizante (ISS), non contabilizándose para tal porcentaxe o cadro de persoal de traballadores con permanencia voluntaria en tales postos.

Así mesmo, no taller de aplicación de Tectyl e durante a vixencia deste convenio colectivo, manterase o criterio de substitución daqueles traballadores cunha permanencia efectiva no posto que supere dezaoito meses.

Artigo 15º.-Ascensos.

A) Ascenso automático a categoría superior.

Para as categorías que se indican a continuación, os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de segunda, un ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de segunda, un ano.

-Auxiliar administrativo a oficial de segunda administrativo, un ano.

-Auxiliar de laboratorio a analista de segunda, un ano.- Dependente auxiliar a dependente, un ano.

B) Existindo vacantes por baixas de persoal no cadro.

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso o 100% das vacantes producidas por baixas de persoal, salvo que a vacante sexa amortizada ou poida ser cuberta por un traballador excedente de igual categoría.

C) Existindo vacantes por aumento de cadro de persoal.

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse nun 50% por concurso e nun 50% por libre designación da empresa. Se non puidesen ser cubertas as vacantes por este sistema de promoción interna, a empresa recorrerá á contratación.

D) Xunta de control de cualificación.

Para os concursos previstos nas letras B) e C), constituirase unha xunta de control composta por:

1 Representante do servicio de formación.

1 Membro do comité de empresa da mesma especialidade e categoría, se existise; de non ser así, da especialidade e categoría máis similar.

1 Membro do comité de empresa da categoría superior ou similar no caso de non existir aquel.

1 Representante do servicio onde se produza a vacante.

As probas dos concursos serán teórico-prácticas e consistirán nun exame das aptitudes profesionais.

En caso de igual puntuación, daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

Para cada concurso a empresa confeccionará un programa e un baremo de puntuación, oída a xunta de control de cualificación. O programa permitirá preparárense os traballadores, ben asistindo ós cursos internos, se os houber, ben por preparación libre. A convocatoria para realiza-las probas será feita pública, polo menos, cunha antelación de 30 días.

Poderán presentarse ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos que se vaian cubrir dentro do grupo profesional respectivo.

Unha vez cualificadas as probas profesionais polo servicio de formación, someteranse á xunta de control de cualificación para a súa verificación. Dentro da xunta de control, o servicio de formación terá o voto de calidade.

No caso de que ningún candidato fose considerado apto nos concursos convocados, corresponderalle á empresa proceder a cubri-la dita vacante.

E) Exceptúanse do réxime de ascensos especificado nas letras B) e C) na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os

postos de confianza da empresa, así como o ascenso especialista C a especialista B.

F) Para os efectos establecidos nas letras B) e C), o cadro de persoal que hai que considerar será o existente en profesionais, técnicos ou administrativos, no momento de producirse vacantes por variación de cadro de persoal.

TÍTULO III

Réxime de traballo

Artigo 16º.-Xornada laboral.

O número de horas de traballo anuais para 2001, 2002 e 2003 será de:

AnoXornada anual

20011.720,5 h/ano

20021.712,75 h/ano

20031.705 h/ano

Non entrando no cálculo deste cómputo o descanso retribuído para bocadillo. A xornada retribuída de 1.720,5 h/ano pactada para o ano 2001, equivale, en concordancia co acordado e practicado polo Grupo PSA, a unha xornada efectiva de 1.638,58 h/ano.

Todo o persoal disporá dun día de permiso retribuído, segundo o artigo 18º, a desfrutar individualmente na data que se desexe se as necesidades do servicio o permiten. Malia o anterior, a empresa, en función das súas necesidades organizativas ou productivas, terá a facultade de establece-lo desfrute colectivo do dito día con ocasión da confección do calendario laboral de cada ano.

Poderanse practicar xornadas diferentes derivadas de contratos a tempo parcial de duración indefinida, as horas complementarias das cales serán obxecto de posterior especificación a través de acordo de empresa que se incorporará a este convenio, unha vez superados os trámites parlamentarios do Real decreto lei 5/2001, do 2 de marzo.

De acordo co artigo 34.2º ET, con independencia das xornadas especiais habituais en determinados talleres ou servicios, establécese a posibilidade de distribución irregular da xornada anual, fundamentalmente na quenda de noite, dadas as súas peculiaridades organizativas e de producción.

Así mesmo, establécese o cómputo plurianual da xornada, denominado bolsa de horas, do que o seu desenvolvemento se recolle en documento para o efecto.

Artigo 17º.-Vacacións.

O período de vacacións será de trinta días naturais.

Cada ano de vixencia deste convenio colectivo, a empresa, tendo en conta as súas necesidades organizativas e productivas, proporalle á representación dos traballadores o período de desfrute de vacacións que normalmente se fixará en época estival.

Artigo 18º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración

polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración á que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio, complemento de antigüidade e mais complemento individual, adicionándose para o persoal horario que lle corresponda o complemento de cualificación do posto.

Matrimonio: 15 días naturais.

Nacemento fillo: 3 días laborables, que se poderán desfrutar dentro dos sete días seguintes ó parto. En caso de necesidade de desprazamento, serán 4 días.

Falecemento:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

-De tíos (irmáns dos pais do traballador ou do seu cónxuxe): 1 día natural.

Se existe necesidade de desprazamento nestes catro últimos casos, corresponderá un día natural máis.

Enfermidade grave:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento, corresponderá un día máis.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

Matrimonio: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 19º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na ordenanza laboral siderometalúrxica e LET.

A empresa admitirá o excedente nun prazo de quince días a partir da data en que expire a súa exce

dencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitacións para o traballo, sempre que aquel o solicite.

Se un traballador, transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá solicitar que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen na solicitude de reingreso dos excedentes.

Artigo 20º.-Xubilación.

Co fin de propicia-la consolidación da empresa e os seus postos de traballo, así como a eventual posibilidade de creación de novos empregos, establécese a xubilación obrigatoria á idade de 65 anos, tendo en conta que os traballadores da empresa, en xeral, alcanzan a esa idade as condicións para causar dereito á pensión de xubilación co 100% da base reguladora.

En consecuencia, cumpridos os 65 anos, o traballador causará baixa na cadro de persoal da empresa, salvo que non reúna o tempo mínimo de carencia para causar dereito á pensión de xubilación; neste caso poderá continuar traballando polo tempo indispensable para iso.

TÍTULO IV

Réxime de retribucións

A) Tempos e rendementos.

Artigo 21º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, podendo ser: estimados, provisionais e definitivos. Ó poñerse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operario.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas; non se deberán producir normalmente despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce para as liñas e traballos colectivos.

Artigo 22º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análises do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análises.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de chapa por transporte, recuperación de pezas porosas, etc., os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideración de definitivos.

Nos casos de discrepancia individual haberá que aterse ó que se establece no artigo 10 da ordenanza de traballo siderometalúrxica.

Artigo 23º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de aplicación dos tempos a nivel individual ou colectivo, en función do que aconselle a organización do traballo existente en cada taller.

A excepción de determinados postos ou funcións (retocadores de patio, pintores de cabinas, conductores de carros elevadores...), que requiren formacións específicas, segundo o posto, en xeral nos novos ingresos e traslados disporase dun tempo de aprendizaxe que, como máximo, será de tres xornadas de traballo.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima, e nas liñas, o das operacións asignadas ó dito traballador, especificado por operacións, así como o programa de producción por modelos.

Artigo 24º.-Rendementos.

Na hipotética situación de que un traballador ou grupo de traballadores presente unha inadecuación do seu rendemento con respecto ó habitual, a empresa procedería ó seu cálculo e aboamento de acordo cos sistemas e fórmulas establecidos no texto do convenio colectivo de 1998 -Título IV.- Réxime de retribucións-, publicado no DOG nº 75, do 21 de abril de 1998, que para estes efectos se considera lexislación supletoria e que, así mesmo, o será con respecto ós criterios de definición do rendemento reflectidos no artigo 26º do dito texto.

Artigo 25º.-Comisión paritaria de tempos.

Constitúese unha comisión paritaria de tempos integrada por un representante de cada sindicato con presencia no comité de empresa, que terá que reuni-la calidade de integrante de tal órgano ou dele

gado sindical, e outros tantos representantes da empresa, uns e outros cos seus respectivos suplentes.

As discrepancias que ó respecto xurdan haberán de ser sometidas necesariamente ó estudio da comisión. Esta reunirase unha vez ó mes e, excepcionalmente, cando por maioría se aprecie a urxencia dun problema. As horas de tales reunións non serán computables dentro das do crédito sindical.

Ós componentes da dita comisión impartiráselles, se se xulga preciso, sesións formativas de introducción no sistema de cronometraxe.

Anexo á letra A. Tempos e rendementos.

1. A velocidade das liñas de montaxe non se variará dentro dunha mesma repartición.

2. En canto á información sobre as reparticións (operacións que se van realizar e tempo delas), que poderá ser escrita ou verbal, e como ampliación ó indicado o respecto no artigo 25º.-Aplicación dos tempos, facilitarase:

-Nº de vehículos previstos que se van producir por xornada dentro de cada período.

-Composición por modelos, prevista en cada liña.

-En canto ás opcións importantes, sexan estas pola súa cantidade ou polo tempo de realización, dado que afectan a un número reducido de traballadores, informarase delas verbalmente ós afectados.

3. Así mesmo, e con independencia de seren oídos os representantes dos traballadores en tódolos casos que consideren que existe unha non correcta aplicación de tempos e rendementos, estes temas deberán ser tratados pola comisión paritaria de tempos.

4. En xeral, nos aspectos de información sobre cambios de repartición ou cambios de programación substanciais, afondarase no sentido de que exista unha maior comunicación e información nos talleres afectados.

B) Condicións económicas.

Artigo 26º.-Incrementos salariais.

As táboas salariais contidas neste título son consecuencia da aplicación dun incremento salarial do 3% sobre os valores actualizados ó 31-12-2000.

Para o ano 2002, o incremento salarial será o correspondente ó IPC oficialmente previsto para o dito ano, máis 0,5 puntos, que se aplicará o 1 de xaneiro sobre as táboas resultantes do ano anterior, unha vez efectuada a revisión salarial se a houbese.

Para o ano 2003, o incremento salarial será o correspondente ó IPC oficialmente previsto para o dito ano, máis 0,5 puntos, que se aplicará o 1 de xaneiro sobre as táboas resultantes do ano anterior, unha vez efectuada a revisión salarial se a houbese.

Artigo 27º.-Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio e complementos salariais que se describen dentro do título IV deste mesmo texto.

O salario convenio e o complemento individual, se é o caso, formarán para efectos de nómina o salario, que se devengará, ó igual que o complemento de antigüidade, en 14 pagas anuais de 30 días cada unha e a razón de 8 horas/día.

Os restantes complementos retributivos devengaranse de acordo coa súa propia regulación.

A cotización á Seguridade Social efectuarase por cómputos de 30 días por mes, de igual forma que no persoal mensual.

Artigo 28º.-Salario convenio.

O salario convenio que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría de personal horario é o seguinte:

Valor/horaValor/díaValor/pagaValor/ano

Especialistas Cptas

euros

731,58

4,40

5.852,67

35,18

175.580

1.055,26

2.458.120

14.773,60

Especialistas Bptas

euros

768,73

4,62

6.149,87

36,96

184.496

1.108,84

2.582.942

15.523,80

Especialistas Aptas

euros

775,69

4,66

6.205,50

37,30

186.165

1.118,87

2.606.310

15.664,24

Profesionais de 3ª Bptas

euros

782,62

4,70

6.260,97

37,63

187.829

1.128,87

2.629.604

15.804,24

Profesionais de 3ª Aptas

euros

789,56

4,75

6.316,50

37,96

189.495

1.138,89

2.652.928

15.944,42

Profesionais de 2ª Bptas

euros

796,42

4,79

6.371,33

38,29

191.140

1.148,78

2.675.963

16.082,86

Profesionais de 2ª Aptas

euros

806,09

4,85

6.448,70

38,76

193.461

1.162,73

2.708.459

16.278,17

Profesionais de 1ª Bptas

euros

836,84

5,03

6.694,73

40,24

200.842

1.207,09

2.811.795

16.899,23

Profesionais de 1ª Aptas

euros

866,56

5,21

6.932,47

41,67

207.974

1.249,95

2.911.642

17.499,32

Profesionais de 1ª especialptas

euros

894,33

5,38

7.154,63

43,00

214.639

1.290,01

3.004.951

18.060,12

Artigo 29º.-Complemento de cualificación de posto.

Aboarase sobre as horas de traballo efectivo realizadas en cada posto, cos valores seguintes que levan incluida a media correspondente a pagas extraordinarias e vacacións.

CualificaciónPtas./horaEuros/hora

17,160,04

212,490,08

324,950,15

448,030,29

567,600,41

694,080,57

7117,070,70

8143,310,86

9169,751,02

Os profesionais de 2ª A, 1ª B, 1ª A e 1ª especial percibirán, en lugar deste complemento de cualificación de posto, a cantidade fixa de 185.400 pesetas anuais (1.114,28 euros), que terán a mesma consideración que o complemento individual definido no artigo 32º, adicionándose ós valores que por este concepto poidan corresponder.

Artigo 30º.-Complemento do período de descanso.

O período de descanso (bocadillo) -15 minutos- do persoal horario a quendas con xornada ordinaria supe

rior a 6 horas, retribuirase a razón de 303,30 pesetas/hora (1,82 euros/hora).

Artigo 31º.-Retribución do persoal mensual e táboa de retribubucións mínimas.

1. Os soldos do persoal mensual existentes ó 31-12-2000, serán incrementados nas porcentaxes indicadas no artigo 26º deste mesmo texto.

Na rúbrica soldo estará comprendido o complemento individual, se é o caso, e devengarase, ó igual que o complemento de antigüidade, en 14 pagas anuais de 30 días cada unha e a razón de 8 horas/día.

Os complementos retributivos contidos nos artigos 33º ó 36º, devengaranse de acordo coa súa propia regulación.

2. As contías mínimas por categorías, para 2001, son as seguintes:

ptas./anoeuros/ano

Grupo subalterno

Cabo de gardas

3.119.58518.749,08
Dependente principal2.864.30617.214,83
Cociñeiro principal2.864.30617.214,83
Vixilante2.672.85016.064,15
Cociñeiro2.672.85016.064,15
Chofer2.652.92815.944,42
Almaceneiro2.566.48115.424,86
Dependente2.566.48115.424,86
Cociñeiro auxiliar2.438.84114.657,73
Ordenanza2.438.84114.657,73
Telefonista2.438.84114.657,73
Dependente auxiliar2.396.29814.402,04

Grupo administrativo

Xefe administrativo de 1ª

3.885.59523.352,89
Xefe administrativo de 2ª3.459.95720.794,76
Oficial administrativo de 1ª3.119.58518.749,08
Oficial administrativo de 2ª2.651.57715.936,30
Auxiliar administrativo2.503.90315.048,76

Grupo técnico-Técnicos de taller:

Xefe de taller

3.885.59523.352,89
Mestre de taller3.587.59621.561,89
Contramestre3.459.95720.794,76
Encargado3.119.58518.749,08

-Técnicos de oficina:

Delineante proxectista

3.459.95720.794,76
Delineante de 1ª3.119.58518.749,08
Delineante de 2ª2.864.30617.214,83
Auxiliar delineante2.609.02715.680,57
Reproductor e arquiveiro planos2.438.84114.657,73

-Técnicos de organización:

Xefe de organización de 1ª

3.885.59523.352,89
Xefe de organización de 2ª3.587.59621.561,89
Técnico de organización de 1ª3.247.22519.516,22
Técnico de organización de 2ª2.949.40417.726,28
Auxiliar de organización2.672.85016.064,15

-Técnicos de laboratorio:

Xefe de laboratorio de 1ª

3.885.59523.352,89
Xefe de laboratorio de 2ª3.459.95720.794,76
Analista de 1ª3.119.58518.749,08
Analista de 2ª2.864.30617.214,83
Auxiliar de laboratorio2.609.02715.680,57

-Técnicos titulados:
Enxeñeiro3.661.61722.006,76
Licenciado3.661.61722.006,76
Axudante enxeñeiro3.661.61722.006,76
Perito-enxeñeiro técnico3.249.85019.531,99
Diplomado3.249.85019.531,99
Graduado social3.249.85019.531,99
Axudante técnico sanitario3.249.85019.531,99
Asistente social3.249.85019.531,99

3. No ano 2002, a táboa anterior incrementarase na porcentaxe pactada para o dito ano (artigo 26º).

4. No ano 2003, a táboa vixente a 31 de decembro de 2002 incrementarase na porcentaxe pactada para o dito ano (artigo 26º).

Artigo 32º.-Complemento individual.

É un complemento salarial que se devengará de conformidade co establecido nos artigos 27º e 31º deste mesmo texto, tendo a mesma consideración e tratamento que o salario convenio ou soldo.

Está destinado a recoller aquela parte do salario o soldo que se teña atribuído a título individual ou ad personam, por distintas circunstancias. Para o persoal horario con categoría de profesional, establécese un valor mínimo de 12.500 pesetas/ano (75,13 euros).

Este complemento individual incluirase en nómina na rúbrica de salario ou soldo.

Artigo 33º.-Complemento de puntualidade e asistencia.

É un complemento destinado a premia-la asiduidade e puntualidade ó traballo de todo o persoal.

1. Persoal horario.

Fíxase o seu valor en 1.680 pesetas (10,10 euros) para cada unha das 11 pagas, equivalente a 18.480 pesetas/ano (111,07 euros/ano) para tódalas categorías.

2. Persoal mensual.

Fíxase o seu valor en 1.314 pesetas (7,90 euros) para cada unha das 11 pagas, equivalente a 14.457 pesetas/ano (86,89 euros/ano) para tódalas categorías.

3. Condicións xerais de aplicación.

-Considérase para estes efectos como tempo de traballo o así definido no LET.

-Computarase e devengarase por meses naturais, con exclusión de pagas extraordinarias e vacacións.

Cada falta de puntualidade ou asistencia ó traballo, considerada inxustificada, determinará a perda dun 25% do complemento do mes correspondente.

-As ausencias ou faltas de puntualidade por IT (incapacidade temporal) ou permisos regulamentarios non suporán deducción ningunha.

-Para os traballadores a tempo parcial ou con xornada inferior á máxima establecida, o complemento mensual calcúlase rateándoo conforme a xornada de traballo realizada.

Artigo 34º.-Prima de presencia.

Con obxecto de premia-la presencia continuada no traballo, establécese a prima de presencia para tódolos traballadores da empresa, con suxeición ós seguintes criterios:

1. Devengarase por meses naturais completos en situación de alta no cadro de persoal, sempre que non tivese ausencia ó traballo durante un mes.

Non terán a consideración de ausencias para estes efectos:

-As vacacións oficiais.

-Os permisos regulamentarios retribuídos.

-Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

2. O seu valor fíxase en:

2.1. Persoal horario.

5.082 pesetas/mes (30,54 euros), equivalente a 60.984 pesetas/ano (366,52 euros).

2.2. Persoal mensual.

3.987 pesetas/mes (23,96 euros), equivalente a 47.846 pesetas/ano (287,56 euros).

3. Para os traballadores a tempo parcial ou con xornada inferior á máxima establecida, o complemento mensual calcúlase rateándoo conforme a xornada de traballo realizada.

Artigo 35º.-Prima por réxime de traballo a quendas.

É un complemento salarial de posto de traballo aplicable ó persoal en réxime de traballo a quendas rotativas de mañá e tarde.

Devéngase sobre as horas efectivas de traballo, fixándose o seu valor en 22,70 pesetas/hora (0,14 euros) que inclúe a parte proporcional de pagas extraordinarias e vacacións.

Artigo 36º.-Complemento por condicións especiais de traballo (TPP).

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica en canto á determinación dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por prestación da actividade laboral en condicións especiais de traballo (TPP).

Aplicarase á hora de presencia no posto con dereito á súa percepción, cun valor de 22,38 pesetas/hora (0,13 euros), que inclúe a parte proporcional de pagas extraordinarias e vacacións.

Artigo 37º.-Complemento de antigüidade.

Mantense o criterio de trienios para todo o persoal ó que as normas regulamentarias recoñecen o dereito a percibi-la antigüidade:

HoraDíaPagaAno

O valor do trienio será:ptas

euros

8,28

0,05

66,27

0,40

1.988

11,95

27.831

167,27

O tope máximo que se vai considerar por este concepto será o de nove trienios.

O complemento por antigüidade devengarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada trienio se a data de vencemento é anterior ó 30 de xuño e a partir de 1 de xullo do ano respectivo nos casos en que o vencemento teña lugar no segundo semestre del.

Artigo 38º.-Horas extraordinarias.

Cuando as circunstancias técnicas e productivas así o esixisen, a empresa poderá establece-la realización de horas extraordinarias ata os límites legais (80 horas por traballador e ano).

A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

A empresa deberá comunicarlles ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha antelación suficiente e cando menos deberá efectuarse 24 horas antes do día en que deban realizarse, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes; neste caso considerarase obrigatoria a prestación.

O valor da hora extraordinaria para o ano 2001 será de 0,78464 pesetas por cada 1.000 pesetas do salario anual nos conceptos: salario convenio, complemento de antigüidade e complemento individual, que en cada caso correspondan. A contía resultante para o ano 2001 manterase no seu mesmo nivel para os anos 2002 e 2003.

Artigo 39º.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarias serán aboadas polos conceptos de soldo ou salario, complemento de antigüidade e complemento individual, se é o caso, segundo se establece nos artigos precedentes deste mesmo texto. As datas de aboamento será o 30 de xuño e o 30 de novembro.

A empresa aboará as ditas pagas extraordinarias completas a tódolos traballadores que estivesen en situación de IT (incapacidade temporal) no semestre anterior, en tanto subsista a obriga de cotizar á Seguridade Social.

Artigo 40º.-Revisión salarial.

Para 2001.

Se o 31 de decembro de 2001 o IPC do dito ano superase o 3%, unha vez constatada de maneira que dea fe tal circunstancia polo Instituto Nacional de Estatística, procederase a unha revisión salarial consistente na elevación dos niveis salariais individuais existentes ó 31-12-2000, con efectos a partir do mes no que o IPC superase a dita porcentaxe, e a súa contía será o exceso entre o IPC real do conxunto de 2001 e o citado porcentaxe pactado. Os correspondentes novos niveis servirán de base para a aplicación dos niveis salariais do ano 2002.

Para 2002.

Aplicarase igual procedemento se o IPC real superase o incremento salarial pactado para o dito ano -IPC previsto máis 0,5 puntos-.

Para 2003.

Aplicarase igual procedemento se o IPC real superase o incremento salarial pactado para o dito ano -IPC previsto máis 0,5 puntos-.

Atigo 41º.-Pagamento de nóminas e recibo de salarios.

A liquidación das nóminas de todo o persoal levarase a cabo a finais do mes seguinte ó que correspondan, cubrindo a mensualidade de atraso cunha entrega a conta equivalente a unha mensualidade neta teórica, calculada cos valores e horarios do convenio colectivo vixente, tendo en conta a presencia real arredor dos 15 primeiros días do mes e a estimada para o resto.

Como consecuencia do acordado no convenio colectivo para 1993 relativo ó cambio de pagamento quincenal a mensual no persoal horario, para aqueles traballadores que ingresasen con anterioridade ó mes de maio de 1993 a entrega diferida por tempo indefinido terá un valor equivalente a quince días.

Así mesmo, establécese como recibo individual de salarios o modelo actualmente vixente en tódolos centros do grupo PSA Peugeot Citroën.

TÍTULO V

Previsión e política social

Artigo 42º.-Formación.

No marco das políticas e estratexias establecidas pola empresa, o mantemento e desenvolvemento das competencias e da profesionalidade do conxunto do persoal é considerado como un elemento fundamental para afrontar con éxito o reto que supón a necesaria mellora da nosa competitividade.

A adaptación permanente ás evolucións, tanto tecnolóxicas como organizativas, así como a implicación e participación activa dos compoñentes da empresa, son factores claves para a consecución dos obxectivos fixados nos plans de progreso establecidos.

O plan de formación correspondente ó ano 2001 responde ás necesidades de formación derivadas do obxectivo xeral descrito anteriormente e prevé unha programación da orde de 175.000 horas (non se inclúe neste cómputo a formación de persoal de novo ingreso, así como a relacionada co sistema de clasificación profesional do persoal horario) e que abarca as diferentes áreas de formación:

-Técnica e automatismos.

-Organización e métodos.

-Calidade.

-Informática e microinformática.

-Management.

-Tecnoloxía do automóbil.

-Idiomas.

-Formación específica de procesos productivos.

-Prevención de riscos laborais.

-Ambiente.

Este plan supón un custo superior ós 477 millóns de pesetas (2,87 millones de euros).

A selección para a asistencia ós diferentes cursos obedecerá a criterios obxectivos en función das finalidades sinaladas anteriormente.

Polo menos trimestralmente, a empresa facilitaralle información á comisión de seguimento sobre tódolos aspectos do plan de formación anual e a súa avaliación de resultados. A dita comisión de seguimento do plan de formación estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa e catro vocais titulares e catro suplentes, membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa.

A comisión establecerá o seu propio calendario de reunións.

Todas aquelas accións do plan de formación anual, susceptibles de seren subvencionadas e que cumpran os requisitos esixidos pola lexislación vixente en cada momento, serán obxecto dun proxecto formativo do que o comité de empresa será informado oportunamente.

Os plans de formación dos anos 2002 e 2003 determinaranse en función das necesidades expresadas polos servicios e as orientacións establecidas pola dirección, prevéndose un volume da mesma orde de magnitude que no ano 2001.

Artigo 43º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá para 2001 bolsas de estudio por un importe de 15.150.000 pesetas (91,053,33

euros). Para os anos 2002 e 2003 o dito importe in-

crementarase nas mesmas porcentaxes a que fai referen-

cia o artigo 26º.

130 de 30.000 pesetas (180,30 euros) para carreiras superiores.

100 de 20.000 pesetas (120,20 euros) para carreiras medias.

350 de 12.000 pesetas (72,12 euros) para estudios de formación profesional de 1º e 2º grao.

1.000 de 5.000 pesetas (30,05 euros) para estudios de EXB/ESO, BUP e COU.

10 de 5.000 pesetas (30,05 euros) para outros estudios.

Atenderanse, en primeiro lugar, as solicitudes para estudios propios do persoal e, no caso de quedaren bolsas de estudio sen conceder, éstas serán aplicadas ós fillos dos traballadores.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo xustificante de matrícula e as cualificacións do curso.

Constitúese unha comisión paritaria para a concesión das bolsas de estudio que estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa e catro vocais titulares e catro suplentes membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con

presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Establécese con carácter xeral un período previo de alta no cadro de persoal da empresa de 12 meses, dentro dos 18 meses anteriores a cada convocatoria anual. Así mesmo, tódolos traballadores solicitantes deberán permanecer de alta no cadro de persoal no momento de concesión destas bolsas de estudio.

Artigo 44º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servicio, teña que desprazarse a unha localidade distinta da súa residencia habitual.

Artigo 45º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro de persoal.

O capital asegurado será equivalente ó salario anual de cada traballador, entendendo por tal o salario convenio, o complemento de antigüidade e o complemento individual, se é o caso, tomando como referencia o nivel salarial do 1 de xaneiro de cada ano.

Este seguro garante os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural ou incapacidade permanente derivadas de enfermidade: aboamento do capital asegurado.

-Morte ou incapacidade permanente derivadas de accidente: aboamento do capital asegurado máis un capital complementario de catro millóns cincocentas mil pesetas (27.045,54 euros). Esta última cantidade fíxase no seu 80% para contratos concluídos con xornada inferior á pactada no primeiro parágrafo do artigo 16º.

No concepto incapacidade permanente queda excluída a situación de incapacidade permanente parcial.

No suposto de incapacidade permanente total, a cobertura asegurada farase efectiva no momento de causar baixa no cadro de persoal da empresa e do recoñecemento legal de tal situación.

A cobertura deste seguro alcanza a totalidade do cadro de persoal da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de IT (incapacidade temporal), ata o máximo previsto no artigo 131 bis. 2 da Lei xeral da Seguridade Social segundo redacción dada pola Lei 42/1994, do 30 de decembro. Para isto, é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias. Nestes casos, os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan no momento de remata-la obrigatoriedade de cotización da empresa á Seguridade Social.

A entrada en vigor das anteriores coberturas fíxase desde o 1-7-2001. Entrementres, serán de aplicación as condicións reguladas no convenio colectivo 1999/2000.

Artigo 46º.-Mutualidade de previsión social.

A achega da empresa á mutualidade de previsión social, durante a vixencia do presente convenio, fíxase no 49% das cotas para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos e Regulamento de prestacións aprobados en data 28 de xuño de 1999.

Artigo 47º.-Vivendas.

Citroën Hispania, S.A., para cada un dos anos 2001, 2002 e 2003, destinará a cantidade de cinco millóns de pesetas recuperados (30.050,61 euros) recuperados do fondo creado en 1981, máis outros cinco millóns de pesetas (30.050,61 euros) en concepto de achega excepcional para os tres anos, como dotación para préstamos destinados á construcción, adquisición ou reparación de vivenda propia que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 1.000.000 de pesetas (6.010,12 euros).

-Prazo de devolución: 10 anos.

-Xuro: 5%.

A concesión dos préstamos farase en función da antigüidade na empresa, da situación familiar e dos recursos económicos dos solicitantes.

Os contratos de traballo dos solicitantes terán, alomenos, unha vixencia igual ó prazo de devolución indicado, así como non rematar antes deste.

Constitúese unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos que estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 48º.-Prevención de riscos laborais.

Citroën Hispania, S.A., consciente da súa responsabilidade no ámbito industrial e persoal en relación co seu cadro de persoal, formula, como prioridades, a compatibilidade do seu obxecto social coa calidade de vida de tódolos traballadores, a mellora das condicións de traballo, a formación en materia preventiva dos riscos laborais e o respecto ó ambiente. Para iso, Citroën Hispania, S.A. proverá os medios precisos ó seu alcance en colaboración cos traballadores.

Mantense, como principio de xestión da seguridade en fábrica, a integración da prevención de riscos laborais no conxunto de actividades e decisións estratéxicas. Con este fin, cada sector e servicio, coa colaboración do servicio de prevención, elaborará o seu propio plan anual de prevención, os cales serán a base do programa anual de actividades de prevención do centro de Vigo.

A Lei 31/1995, do 8 de novembro, e o seu desenvolvemento regulamentario, constitúese como a norma

básica de actuación para tódalas partes implicadas en materia de prevención de riscos laborais, con independencia doutras normas ou compromisos que se poidan alcanzar coa representación dos traballadores.

Para a vixencia deste convenio colectivo establécese especificamente o seguinte:

-Con obxecto de analiza-la situación e evolución do centro en materia de prevención de riscos laborales, o director da factoría reunirase co comité de seguridade e saúde cuadrimestralmente, salvo causa de forza maior.

-O comité de seguridade e saúde disporá dun crédito aberto de 30.000.000 de pesetas (180.303,63 euros) anuais para atende-las demandas que requiran investimento, unha vez valoradas e aceptadas. No prazo de 15 días serán asignados os recursos precisos. Para pequenas melloras de ata 250.000 pesetas (1.502,53 euros), existe un procedemento que permite a rápida execución delas.

-Continuaranse potenciando as accións xerais de información e sensibilización do persoal en materia de prevención de riscos laborais, mediante apoios gráficos (sinais, pósters, etc.), escritos (manuais, normas, catálogos, revista de comunicación interna, etc.) e audiovisuais.

-Facúltanse os delegados de prevención a emitiren boletíns de avarías de seguridade que serán cursados co visto e prace do servicio de prevención.

-O comité de seguridade e saúde manterá reunións mensuais coa xerarquía dos talleres onde se considere necesario. Nas ditas reunións analizaranse as situacións observadas polos delegados de prevención nas visitas levadas a cabo ós talleres, especialmente en materia de riscos potenciais, uso de pezas de protección persoal, prácticas inseguras, etc.

-Continuaranse mellorando os mecanismos necesarios para previ-los posibles riscos laborais derivados da posta en servicio de novas instalacións. O persoal técnico que interveña no deseño e implantación de novas instalacións recibirá unha formación específica sobre seguridade de máquinas.

-Periodicamente, o servicio de prevención analizará con cada servicio e sector o grao de cumprimento do plan anual de prevención.

-Continuarase co desenvolvemento do plan de ergonomía na empresa, e co fin da adecuación dos postos de traballo ás características persoais de cada traballador desenvolveranse os mecanismos de estudio, análise e mellora das condicións de traballo dos postos existentes no centro. O persoal técnico recibirá formación específica na análise e deseño ergonómico de postos de traballo. Os servicios médico e de prevención participarán na mellora da adaptación individualizada do persoal limitado.

-Os membros do comité de seguridade e saúde observarán o sixilo profesional a que fai referencia o artigo 65 LET sobre todas aquelas cuestións ou datos dos

que teñan coñecemento en función da súa designación ou nomeamento, en especial absténdose de trasladalos fóra do ámbito empresarial, excepción feita daqueles órganos da Administración competentes por razón da materia para su inspección e control.

-O plan de formación da empresa incluirá a formación teórica e práctica suficiente en materia preventiva, tanto en aspectos xerais como específicos do posto de traballo ou función desenvolvida. Prestarase especial atención ó persoal de nova incorporación. Impartirase unha sesión voluntaria de sensibilización á prevención, específica de cada sector ou servicio, ó 25% do persoal nas condicións habituais. O plan de formación incluirá a correspondente ós delegados de prevención.

-Potenciaranse as accións necesarias para asegura-la coordinación das actividades empresariais e a información de riscos nos traballos realizados por provedores exteriores, todo iso dentro do marco da normativa de prevención para provedores exteriores de Citroën Hispania, S.A.

-Continuarase a aplicación do plan de emerxencia que conterá as medidas necesarias de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación do persoal en caso de emerxencia. Actualizarase a formación dos equipos de primeira intervención. Faranse simulacros de evacuación en varias naves do centro.

-Realizaranse as accións e investimentos previstos no plan (1998-2002) de posta en conformidade das máquinas/instalacións existentes no centro de producción.

-Desenvolverase un plan específico de mellora das condicións de seguridade relativas a conductores de carros elevadores (asesoramento dun consúlting externo, creación de grupos de traballo nos que participen os delegados de prevención, etc.).

-Elaboración e entrega do Manual de prevención manutención, transporte e almacenamento a todo o persoal relacionado con estas tarefas.

-Como acción previa á prestación de servicios, todo o persoal de novo ingreso recibirá formación xeral sobre as condicións de seguridade e saúde laboral.

-O comité de seguridade e saúde elaborará as súas propias normas de funcionamento.

TÍTULO VI

Acción sindical

Artigo 49º.-Utilización do crédito de horas polos membros do comité de empresa e delegados sindicais fóra da súa xornada de traballo.

A petición será feita á xerarquía directa, quen cubrirá un documento de desprazamento para membro do comité ou delegado sindical e porao á disposición do interesado na portería.

Se por circunstancias excepcionais de difícil previsión tivese necesidade de entrar no centro fóra da súa xornada de traballo, e, consecuentemente, non

puidese prevelo con anterioridade, poderá solicitar na portería o desprazamento correspondente, que será cuberto polo persoal de vixilancia, tendo que entregar copia del á saída, unha vez finalizada a súa xestión.

As convocatorias por iniciativa da dirección non se imputan sobre o crédito das 40 horas.

Artigo 50º.-Procedemento de resolución de conflictos.

A representación dos traballadores e a empresa obríganse a someter á comisión constituída para o efecto todas aquelas diverxencias que poidan ser obxecto de formulación de conflicto colectivo. As ditas diverxencias, debidamente documentadas, serán obxecto de estudio da comisión ó longo das reunións que ámbalas partes coiden precisas co fin de ter un exhaustivo coñecemento do tema. En caso de desacordo, queda salvagardada a tutela xudicial efectiva.

A dita comisión estará constituída por un membro de cada unha das seccións sindicais con presencia no comité de empresa, que terá que reunir necesariamente a condición de membro de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos membros da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Disposición transitoria

Acórdase que, se por necesidades de programación e unha vez acadado o nivel técnico máximo de saturación de instalacións fose preciso facer maior producción, levarase a cabo en xornada de sábado e con carácter voluntario desenvolvéndose segundo o seguinte proceso:

-Os oito primeiros sábados de cada ano -catro por quenda- xerarán descanso compensatorio maiorado nun 25%, a desfrutar de acordo cos condicionantes de cada obradoiro ou servicio; a organización dos correspondentes descansos conporta a limitación citada e, se non fose posible levar a efecto estes, tales sábados terán a consideración de xornada complementaria.

-Se persistisen as necesidades productivas aludidas, acudiríase na medida necesaria á realización das horas extraordinarias reguladas no artigo 38º.

-Se malia se tomaren as medidas previstas nos dous parágrafos anteriores os mercados demandasen un maior volume productivo, acórdase a práctica de xornadas complementarias dentro do límite legal do artigo 34.1º LET, fixándose o seu aboamento no 95% do valor establecido para as horas extraordinarias adicionándose un día de permiso individual por cada cinco xornadas deste tipo realizadas ou a súa parte proporcional. Para isto, a empresa exporía motivadamente a necesidade da súa realización ante o comité de empresa cunha antelación mínima de 15 días; o órgano representativo, unha vez oído, emitirá informe preceptivo no improrrogable prazo de 7 días a fin de que a empresa poida proceder á comunicación a tódolos traballadores.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, do 29 de xuño de 1970, se aplicará a título de dereito dispositivo en tanto que as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se han de reuni-las partes contratantes.

ANEXO

Sistema de clasificación profesional do persoal horario

Categorías do persoal horario

É obxectivo común de tódolos integrantes da empresa, alcanza-lo nivel de competencia, profesionalismo e motivación que os proxectos da empresa esixen.

As permanentes evolucións tecnolóxicas, que afectan tanto o producto como as instalaciones, así como a modernización da organización do traballo fan necesaria a evolución constante das competencias de tódalas personas da empresa.

O desenvolvemento da competencia e progresión profesional estará baseado en catro piares:

a) O desenvolvemento profesional de cada persoa.

b) O desempeño eficaz de diferentes tarefas.

c) A xestión de carreiras.

d) Un plan de formación persoalizado.

O desenvolvemento profesional estará aberto a tódolos traballadores da empresa, para o que se porán en servicio os seguintes medios:

1. Sistema de clasificación profesional.

Este sistema de clasificación profesional permite un desenvolvemento de carreira fluído e continuo e facilítalles ós traballadores fixos no cadro de persoal a mellora das súas competencias hacia unhas máis amplas posibilidades de evolución.

Consistirá en:

a) Establece-las categorías profesionais do persoal horario seguintes:

Especialistas: 3 categorías.

Profesionais: 7 categorías.

b) Implanta-lo método de valoración de postos vixente nos centros do grupo PSA Peugeot Citroën, que permite:

-Valorar no seu xusto termo os requirimentos profesionais dos postos, independentemento das súas condicións físico-ambientais, e facilitando a ampliación de categorías profesionais, se é o caso.

-Optimiza-la xestión mediante unha mellor adaptación do persoal ós postos de traballo.

2. Procedemento de evolución profesional do persoal horario.

O desenvolvemento profesional do persoal horario está baseado na capacidade para exercer postos dun nivel de complexidade superior.

Farase unha identificación das competencias e potencial de tódolos traballadores, co fin de orientar e planifica-las accións complementarias para o seu desenvolvemento profesional (formación, adaptación home-posto, etc...).

Por outro lado, desenvolverase o concepto de polivalencia funcional, que se define como a aptitude para dominar completamente unha etapa lóxica na fabricación dun automóbil ou dun proceso productivo.

Enténdese por «etapa lóxica» na fabricación dun automóbil o conxunto ordenado e relacionado de tarefas dunha ou varias especialidades, propias da técnica de fabricación do automóbil (loxística, control, mantemento, fabricación, etc...).

Enténdese por «proceso productivo» un conxunto de operacións de producción que teñen por obxecto obter ou transformar un elemento funcional dun vehículo (carrocería, panel de lado, portas, asentos, etc..,).

A polivalencia funcional deberá permitir avanzar en:

-A evolución cualitativa das tarefas.

-O traballo en equipo.

-A apreciación do potencial e a mellora da xestión na previsión de empregos e cualificacións.

1. Sistema de clasificación profesional.

1.1. Valoración de postos.

Como consecuencia da aplicación do método de valoración, os postos quedarán clasificados en 10 niveis de complexidade, identificándose desde o primeiro nivel C1, ata o máis alto, C9.

Clasificación dos postos

Nivel de complexidade 9 (C9)

Nivel de complexidade 8 (C8)

Nivel de complexidade 7 (C7)

Nivel de complexidade 6 (C6)

Nivel de complexidade 5a (C5a)

Nivel de complexidade 5 (C5)

Nivel de complexidade 4 (C4)

Nivel de complexidade 3 (C3)

Nivel de complexidade 2 (C2)

Nivel de complexidade 1 (C1)

1.2. Correlación entre a clasificación de postos, as novas categorías e as categorías actuais:

Nivel de

complexidade

Novas categorías

profesionais

Nivel de

complexidade

Categorías profesionais

actuais

C9Profesional de 1ª especialC9Profesional técnico

C8Profesional de 1ª AC8Profesional de 1ª

C7Profesional de 1ª BC7Profesional de 2ª

C6Profesional de 2ª AC6Profesional de 3ª

C5aProfesional de 2ª B--

C5Profesional de 3ª AC5Especialista cualificado de 1ª

C4Profesional de 3ª BC4Especialista cualificado de 2ª

C3Especialista AC3Especialista cualificado de 3ª

C2Especialista BC2Especialista

C1Especialista CC1Peón

1.3. Criterios de aplicación do sistema de clasificación.

Ós traballadores con contrato indefinido asignaránselle-las novas categorías partindo das categorías actuais, segundo se establece na táboa de correspondencia indicada no punto 1.2.

A aqueles traballadores cunha categoría actual que sexa a de especialista cualificado de 1ª e ocupen un posto de nivel de complexidade C5a, asignaráselle-la categoría de profesional de 2ª B coa súa retribución correspondente.

2. Procedemento de evolución profesional do persoal horario.

O desenvolvemento profesional do persoal horario está baseado na capacidade do traballador para exercer unha función dun nivel de complexidade superior, ó que pode acceder, en función da dispoñibilidade de postos, como consecuencia:

-Da evolución do propio posto ocupado.

-Da mobilidade funcional.

Así mesmo, no caso de non existiren postos de complexidade superior, poderá acceder en función da capacidade que demostre o traballador para exercer varios postos como consecuencia do desenvolvemento da polivalencia funcional.

Esta progresión está favorecida por unha reorientación e unha formación profesional facilitadas durante todo o desenvolvemento da carreira. Cando se produza tal progresión profesional serao á categoría superior inmediata e unha soa vez por ano.

2.1. Principios de progresión ata a categoría profesional cualificado de 2ª B.

A progresión profesional ata a categoría profesional de 2ª B baséase na capacidade do traballador para exerce-lo posto ou a función dun nivel de complexidade superior ó desempeñado.

Esta progresión desenvólvese da maneira seguinte:

-Nun prazo máximo de 5 anos nun nivel correspondente ó do posto exercido, e se a calidade, cantidade, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo son xulgadas satis

factorias, proporase a cada traballador un posto de nivel de complexidade superior ou unha función de polivalente.

-Unha formación práctica e técnica adaptada ó novo posto facilitará a integración nas novas funcións.

-A promoción ó nivel superior farase, despois dun período de proba de 3 meses, téndose demostrado a obtención de resultados óptimos tanto en calidade como en cantidade de traballo.

-Se a calidade, cantidade, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo non son satisfactorias e non permiten unha proposta de evolución, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador e confirmadas por escrito. Nesta entrevista abordaranse igualmente as posibilidades de reorientación e formación apropiadas.

2.2. Principios de progresión de profesional de 2ª B ata profesional de 1ª especial.

A progresión profesional a partir da categoría de profesional de 2ª B está baseada no recoñecemento do profesionalismo que permite continua-la evolución de carreira dos traballadores que demostren as mellores aptitudes.

Esta progresión desenvólvese da maneira seguinte:

-O acceso a superior categoría producirase mediante a superación dunha proba profesional que terá lugar en función dos postos dispoñibles, unha vez desempeñado satisfactoriamente durante alomenos 5 anos un posto de nivel de complexidade inmediatamente inferior.

Para os traballadores con nivel de formación FP2 ou equivalente, o mencionado prazo poderá reducirse a dous anos (só ata a categoría profesional de 2ª A).

-No caso de non supera-la proba, impartiráselle ó interesado un complemento de formación que integre, segundo as necesidades, formación xeral, técnica e tecnolóxica ó obxecto de poder presentarse de novo á proba.

-Existirá un procedemento de orientación profesional, baseado en test e entrevistas, que permiten coñece-las características persoais e profesionais de cada candidato, co fin de orientalo cara á vía de evolución máis apropiada.

Este procedemento de orientación profesional poderá, así mesmo, recomendar formacións susceptibles de mellora-los puntos débiles.

-Se a calidade, cantidade, custos, prazos, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo non son satisfactorias, e, en consecuencia, non permiten realiza-la proba profesional, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador e confirmadas por escrito.

2.3. Mobilidade funcional.

No suposto de que un traballador excepcionalmente por razóns organizativas ocupe un posto de nivel de complexidade superior ó que lle corresponde pola súa categoría durante máis de nove meses continuados, terá preferencia para a realización das probas ou evaluacións regulamentarias para a adquisición da nova categoría na convocatoria máis inmediata. En todo caso, só se poderá ascender unha categoría por ano.