Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.250

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se notifica a Montserrat Conde Bueno a do 20 de abril de 2001 pola que se acorda incoarlle expediente disciplinario.

Por resolución desta secretaría xeral do 20 de abril de 2001, acordouse incoar expediente disciplinario a Montserrat Conde Bueno, pola presunta comisión dunha falta de carácter moi grave.

Intentada sen éxito a notificación á interesada mediante o correspondiente envío postal certificado ó domicilio que consta no seu expediente persoal, e devolta a comunicación polo servicio de correos na que consta o aviso á interesada, así como os infructuosos intentos de comunicación por medios telefónicos, e encontrándose a interesada en paradoiro descoñecido, cómpre, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, efectua-la notificación mediante a publicación da presente resolución, a fin de convocar á interesada para o día 11 de xuño de 2001 ás 10 horas ante ó subdirector xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, instructor do expediente, co obxecto de que se poida personarse no mesmo e ter coñecemento dos feitos que se lle imputan.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2001.

P.D.(Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública