Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de maio de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e da Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ás súas necesidades de funcionamento, así como a emenda dun erro na relación de postos de traballo da Secretaría Xeral para o Deporte publicada no DOG nº 65, do 2 de abril de 2001, fai necesario modifica-las relacións de postos de traballo delas.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil un,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pú-

blica (EGAP) e da Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación das ditas modificacións no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

PR.A01.00.000.15770.001Secretario/a do directorArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro)

Posto de confianza.

PR.A01.00.000.15770.054Xefe sección habilitaciónPosto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

Cuarto.-Deixar sen efecto a relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública publicada no DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, modificada nos DOG nº 2, do 4 de xaneiro de 2000, e nº121, do 22 de xuño.

Quinto.-Deixar sen efecto, segundo se especifica no anexo II deste acordo, a modificación da relación de postos de traballo da Secretaría Xeral para o Deporte publicada no Diario Oficial de Galicia nº 65, do 2 de abril de 2001.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaoito de maio de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración

Pública (EGAP) e da Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpli-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública