Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.244

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de maio de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal do organismo autónomo Augas de Galicia ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la relación de postos de traballo do devandito organismo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil un,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

OT.B01.00.000.15770.003Secretario/a do presidenteArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro)

Posto de confianza.

OT.B01.00.002.15770.039Sección de habilitaciónPosto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

Cuarto.-Deixar sen efecto a relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia publicada no DOG nº 122, do 23 de xuño de 2000.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaoito de maio de dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo de Augas de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumpli-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública