Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.250

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de maio de 2001 pola que se efectúa convocatoria pública de axudas ós estudiantes universitarios que cursen os seus estudios nalgunha universidade do sistema universitario de Galicia, así como para aqueles estudiantes universitarios que, tendo a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, cursen os seus estudios nalgunha universidade de fóra do sistema universitario de Galicia, interesados en solicita-los créditos bancarios para financiamento dos seus estudios universitarios de 1º ciclo e 1º e 2º ciclo e prorroga-los concedidos na convocatoria anterior.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 96, do luns, 21 de maio de 2001, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 6.717, no artigo 2º, onde di: «... cunha contía máxima de 24.800.000 pesetas (149,05 euros)...»; debe dicir: «... cunha contía máxima de 24.800.000 pesetas (149.000,05 euros)...».