Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes, praza de Europa 5 A (2ª planta), Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión da explotación do servicio público do centro de transporte de mercadorías de Lugo.

b) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 239, do 12 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe: 4% dos beneficios líquidos e un mínimo de 1.000.000 de pesetas anuais.

5. Adxudicación.

a) Data: 9 de abril de 2001.

b) Contratista: Terminal de Distribución y Almacenaje, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe ou canon de adxudicación: 4% dos beneficios líquidos e un mínimo de 5.000.000 de pesetas. (30.050,61 euros) anuais.

e) Prazo de adxudicación: 20 anos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante la Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda