Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Bandeira-Pontevedra, con anexos: V-2289; XG-210.

A Dirección Xeral de Transportes, con data do 31 de xaneiro de 2001, resolveu autorizar na concesión V-2289; XG-210, Bandeira-Pontevedra, con anexos, da titularidade de Empresa Cuíña, S.L., a seguinte modificación concesional:

1. Itinerarios novos que se autorizan.

-Chapa e Silleda.

2. Prohibicións de tráfico.

As prohibicións de tráfico do título concesional quedan establecidas da seguinte forma:

-De e entre Bandeira e Silleda, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Chapa-Silleda (excepto Chapa) para o tramo A Xunqueira-Pontevedra, e viceversa.

-De e entre Liñares e A Estrada, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre A Estrada e Codeseda, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Chapa-Silleda (excepto Chapa) para o tramo Liñares-A Estrada (incluídos ámbolos dous puntos), e viceversa.

3. Expedicións e calendario.

3.1. Expedicións novas que se autorizan.

Silleda-Chapa-Bandeira-Chapa-Foxo-Corbelle-A Estrada-Campo Lameiro-Pontevedra.

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Foxo-Corbelle-Chapa-Bandeira-Chapa-Silleda.

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

3.2. Expedicións que se suprimen no título concesional.

Bandeira-Pontevedra.

-Unha expedición de ida e volta os días laborables.

4. Outras concesións.

Manteranse as mesmas que están establecidas na concesión V-2289; XG-210.

Contra a citada reasolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou calquera outro recurso que en dereito estime oportuno.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Directro xeral de Transportes