Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de abril de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, relativo ó inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación, pendentes de notificar, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (González Dasilva, Juan).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase o inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación dos artigos 35, 110 e 142 da Lei xeral tributaria, e 36 do Regulamento xeral de inspección tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 25 de abril de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

González Dasilva, Juan

DNI: 36.095.010

México, 27-2º esq., Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. Non presentado. Exercicio 1998