Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.214

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Consuelo Amalia Fernández Marcuello.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Ourense tramítase o recurso nº 120/2001 (procedemento abreviado) interposto por Consuelo Amalia Fernández Marcuello na súa condición de aspirante da categoría ATS/DUE no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, que foi nomeada persoal estatutario do Insalud da mesma categoría por Resolución do 28 de setembro de 1998 (BOE nº 247, do 15 de outubro), e por tal motivo excluída do proceso selectivo, pretende a súa inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos