Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.213

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Ana Sánchez Díaz.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo tramítase o recurso nº 159/2001-P (procedemento abreviado) interposto por Ana Sánchez Díaz na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, aspirante da categoría de traballador social, pretende a valoración na fase de concurso dos servicios prestados como asistente social na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade entre os anos 1990 e 1994, coa súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos