Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.213

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001 pola que se lle dá publicidade á aprobación do Plan de Saneamento de Galicia 2000-2015 e se declaran as zonas sensibles no ámbito territorial das bacías hidrográficas de Galicia-costa.

O artigo 7.3º do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ó tratamento das augas residuais urbanas, prevé que a Administración do Estado declarará as zonas sensibles nas bacías hidrográficas que excedan do ámbito territorial dunha comunidade autónoma, e que as comunidades autónomas efectuarán a devandita declaración nos restantes casos, dándolle a oportuna publicidade no respectivo diario oficial.

Neste sentido, o Plan de Saneamento de Galicia, que foi aprobado inicialmente polo plenario da Xunta de Goberno do organismo autónomo Augas de Galicia o 29 de xuño de 2000, e definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 9 de novembro de 2000,

determina as zonas sensibles no ámbito territorial de Galicia-Costa.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Primeiro.-Dar publicidade á aprobación do Plan de Saneamento de Galicia 2000-2015 por parte do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 9 de novembro de 2000.

Segundo.-Declara-la ría de Pontevedra como zona sensible para os efectos do Real decreto lei 11/1995, polo que se establecen as normas aplicables ó tratamento das augas residuais urbanas.

Terceiro.-Declarar que o conxunto das augas continentais correspondentes ás bacías hidrográficas de Galicia-Costa se consideran zona normal para os efectos da devandita normativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia