Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.213

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ó acordo da comisión paritaria de acción social sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o ano 2001 do persoal ó servicio da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co acordado pola comisión paritaria de acción social, dependente da mesa sectorial de negociación do persoal ó servicio da Administración de xustiza, en reunións celebradas os días 5 e 17 de abril de 2001 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais presentes na negociación, sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o ano 2001 do referido persoal, e segundo o establecido nelas esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer público o programa de acción social de 2001 e darlle a máxima difusión entre os órganos xudiciais, quedando exposto nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia na Coruña.

Segundo.-O prazo de presentación de instancias será o abranguido entre o día 1 de xuño e o 31 de xullo, ámbolos dous incluídos.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza